Os casos activos en Galicia baixan en 10 situándose en 722, 135 en Santiago

Os casos activos en Galicia baixan en 10 situándose en 722, 135 en Santiago
Os casos activos en Galicia baixan en 10 situándose en 722, 135 en Santiago

Un total de 9.970 pacientes xa están curados

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 722, 10 menos que onte. Deles 162 son da área da Coruña (-5), 40 da de Lugo (-1), 75 da de Ourense (=), 28 da de Pontevedra (=), 262 da área de Vigo (-4), 135 da de Santiago (=), e 20 da de Ferrol (=).

Do total de pacientes positivos, 2 permanecen en UCI, 32 están en unidades de hospitalización e 688 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 9.970 persoas curadas, rexistrándose 616 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 143.580.

O número de casos de coronavirus detectados en centros residenciais de servizos sociais de Galicia supoñen o 0,1% do total das persoas residentes.

Na xornada de onte non se rexistraron falecementos en centros residenciais.

Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros. 

Comentarios
Lo más