Os casos activos en Galicia baixan en 29 situándose en 678, 130 en Santiago

Os casos activos en Galicia baixan en 29 situándose en 678, 130 en Santiago
Os casos activos en Galicia baixan en 29 situándose en 678, 130 en Santiago

Un total de 10.033 pacientes xa están curados

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 678, 29 menos que onte. Deles 147 son da área da Coruña (-11), 39 da de Lugo (=), 60 da de Ourense (-8), 25 da de Pontevedra (-3), 257 da área de Vigo (-2), 130 da de Santiago (-5), e 20 da de Ferrol (=).

Do total de pacientes positivos, 1 permanecen en UCI, 28 están en unidades de hospitalización e 649 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 10.033 persoas curadas, rexistrándose 617 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 145.644.

O número de casos de coronavirus detectados en centros residenciais de servizos sociais de Galicia supoñen o 0,1% do total das persoas residentes.

Na xornada de onte non se rexistraron falecementos en centros residenciais.

Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros. 

Comentarios
Lo más