A hostalería de Teo volve á normalidade co lema Quedamos en Teo. Quedamos seguro

A hostalería de Teo volve á normalidade co lema Quedamos en Teo. Quedamos seguro
A hostalería de Teo volve á normalidade co lema Quedamos en Teo. Quedamos seguro

O Concello e a hostalería de Teo lanzan a campaña "Quedamos en Teo. Quedamos seguro" para xerar confianza e que a cidadanía volva a un consumo responsable. E esto coa certeza de que dende o sector se está traballando con todas as garantías sanitarias. 

A campaña arranca con dezanove establecementos adheridos e a concelleira de Promoción Económica, Iria Otero, agarda que "nos vindeiros días poidamos levar o logo da campaña a moitos máis establecementos". A iniciativa pretende crear un selo idenficativo co que os/as usuarios recoñezan os locais de Teo que cumpren cos protocolos de seguridade necesarios neste momento, por eso confiamos en que o número se vaia incrementando.  

A imaxe da campaña "Quedamos en Teo. Quedamos seguro" recolle un debuxo dun arco iris, un elemento relacionada coa etapa do confinamento e coa idea de que todo ía saír ben. Agora que estamos en fase de desescalada "queremos trasladar esa idea ao sector da hostalería de Teo" indica Iria Otero. 

O compromiso da campaña recolle por un lado as obrigas dos locais: planificar tarefas e procesos para garantir a distancia social así como formar as persoas traballadoras na nova planificación e no uso do material de protección e tamén as das persoas usuarias: seguir as indicacións do persoal, evitar tocar superficies ou elementos do local se non é necesario, procurar manter a distancia de seguridade e evitar tocarse a cara e tusir ou esbirrar cubríndose a boca co cóbado. 

Logo identificativo

A imaxe co arco da vella poderase ver nos locais adheridos na entrada e nas paredes dos espazos así coma no chan. Neste material haberá indicacións das novas normas de seguridade ás que todos e todas nos debemos ir acostumando. 

Os establecementos interesados en sumarse a esta iniciativa poden pedir información ou facer a solicitude enviando un correo electrónico a turismo@teo.gal ou chamando ao 981.815.700. 

Comentarios
Lo más