Volven os ceos despexados

Volven os ceos despexados
Volven os ceos despexados

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 9 e os 21 graos

Predominio da influencia anticiclónica sobre Galicia. Con esta situación, comezaremos a xornada con intervalos de nubes baixas na metade norte e néboas no interior. A partir do mediodía os ceos quedarán pouco anubrados ou despexados, para volver a entrar as nubes baixas polo noroeste cara á noite. As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso, mentres que as máximas experimentarán un ascenso, máis acusado no interior. Os ventos soprarán frouxos do noroeste.

En Santiago, o ceo alternará períodos con nubes e claros con outros ocasionalmente moi anubrados ou pouco anubrados ou despexados.  As temperaturas serán normais para esta época do ano, con valores que globalmente se atoparán sen cambios aínda que oscilarán.

Comentarios
Lo más