Sen chuvia, pero con nubes en Compostela

Sen chuvia, pero con nubes en Compostela
Sen chuvia, pero con nubes en Compostela

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 13 e os 30 graos

O sábado Galicia permanece na influencia das altas presións, pero unha fronte fría pouco activa entrará polo litoral norte. Así, agárdanse ceos con máis nubes canto máis ao norte, con chuvias febles no litoral norte. Pola tarde medrarán nubes de evolución na provincia de Ourense que poden deixar algún chuvasco illado e ocasional. As temperaturas mínimas ascenderán moderadamente, mentres que as máximas sufrirán un lixeiro descenso. O vento soprará frouxo de compoñente norte en xeral.

En Compostela agárdase a curto prazo unha alternancia de ceos moi anubrados con momentos con nubes e claros. En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con mínimas que se manterán sen cambios aínda que oscilarán e máximas que descenderán moderadamente.


Comentarios
Lo más