O Grupo Municipal Popular cualifica o plan de contratación de Bugallo de “anticipo ficticio dos fogos artificiais do 24 de xullo”

O Grupo Municipal Popular cualifica o plan de contratación de Bugallo de “anticipo ficticio dos fogos artificiais do 24 de xullo”
O Grupo Municipal Popular cualifica o plan de contratación de Bugallo de “anticipo ficticio dos fogos artificiais do 24 de xullo”

Asemade, os Populares consideran que se trata dun Plan superficial que non inclúe una identificación daquelas prestacións ou servizos previsibles e recorrentes que agora se adxudican a dedo e que poderían adxudicarse a través de concorrencia pública

De “anticipo ficticio dos fogos artificiais do 24 de xullo” e de “exemplo de falacia económica”, falou o portavoz do Grupo Municipal, Alejandro Sánchez Brunete, ao referirse ao Plan de Contratación do Concello presentado onte polo Goberno municipal. 

“Aínda que en política non se pode descartar nada e non se pode descartar que o Goberno de Sánchez Bugallo siga ao fronte do Concello en 2045”, ironizou Brunete, “non semella realista nin humilde presumir agora de cifras que en boa parte se mobillizarán dentro de 10 ou 20 anos”, toda vez que o Plan suma o valor estimado dos contratos, nalgún caso ata 2045.

Os Populares lembran que o Plan deriva, parcialmente, dunha obriga legal, e o anuncio dos servizos que se van contratar non implica máis novidade que o feito do anuncio mesmo nun único documento, pois todos esos contratos -ou contratos moi semellantes- xa se viñan asinando dende hai décadas. O Plan, a xuízo do Grupo Municipal Popular, non vai supor un factor engadido de reactivación económica.

Plan superficial

Asemade, os Populares entenden que o plan é superficial pois, por exemplo, non inclúe unha identificación dos contratos directos ou a dedo que deberían adxudicarse por concurso público.


Contrato da auga

Respecto do contrato de abastecemento de auga, que se pretende asinar polo menos por 20 anos, os Populares entenden que “antes de que o alcalde deixe ese contrato atado e ben atado, dada a súa complexidade, contía e duración, debería facerse un exercicio de transparencia e de reflexión plural, toda vez que esa decisión condicionaría futuras corporacións”.

En todo caso, os Populares agradécenlle ao alcalde que lles permita acceder ao expediente da nova contratación dos servizos de auga e lixo catro meses despois de telo solicitado. 

Comentarios
Lo más