O Pino colocou dispensadores de xel na rúa e entregoulle outro a cada comercio aberto

O Pino colocou dispensadores de xel na rúa e entregoulle outro a cada comercio aberto
O Pino colocou dispensadores de xel na rúa e entregoulle outro a cada comercio aberto

A veciñanza xa utiliza o xel hidroalcohólico, nos aparellos colocados nas beirarrúas de diferentes puntos de Pedrouzo

A veciñanza do Pino que estes días percorre as rúas de Pedrouzo xa comezou a utilizar os dispensadores de xel hidroalcohólico que o Concello colocou nas beirarrúas, en diferentes puntos da capital. Operarios municipais remataron o venres de fixar estes aparellos, que se accionan cun pedal para evitar ter que tocalos.

Estes dispensadores de xel para a desinfección de mans colocáronse preto dos lugares máis transitados dos casco urbano, como supermercados, farmacias ou as illas de contedores soterrados da capital municipal.

Tamén rematouse o reparto dun dispensador de xel, cun depósito de 2 litros e unha garrafa adicional de 5 litros de xel para repoñer, a cada un dos comercios abertos no municipio que ten licencia de actividade, así como nas igrexas das trece parroquias. En total, o Concello mercou 100 dispensadores para o interior dos establecementos.

No caso daqueles locais ou comercio que están pechados, cando volvan abrir poderán solicitar na casa consistorial o seu dispensador de xel. Dende o Concello faráselle chegar un acada local que conte con licencia de actividade.

Con estas medidas, o equipo de goberno quere colaborar coa reactivación do comercio local, unha iniciativa que reforza coa edición dun vídeo publicado onte. Os protagonistas deste vídeo son os propios comerciantes, autónomos e emprendedores, que invitan a toda a veciñanza a “pensar na xente que tes máis preto” para saír xuntos desta pandemia.

Comentarios
Lo más