Ceos anubrados e máis fresco este domingo en Compostela

Ceos anubrados e máis fresco este domingo en Compostela
Ceos anubrados e máis fresco este domingo en Compostela

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 11 e os 17 graos

O domingo Galicia estará nunha situación intermedia entre altas e baixas presións, con circulación do norte. Deste xeito, agárdanse ceos máis anubrados no norte con chuvascos, abríndose claros progresivamente pola tarde. As temperaturas mínimas continuarán sen cambios, ou con lixeiros descensos no terzo norte; as máximas sufrirán un lixeiro descenso. Os ventos soprarán de compoñente norte, frouxos pola mañá, aumentando a moderados pola tarde, mesmo con intervalos fortes no litoral atlántico.

En Compostela teremos ceos moi anubrados ó comezo do período, aínda que cara a metade e ó final do mesmo tenderán a estar con nubes e claros. As temperaturas serán normais para esta época do ano, con mínimas en descenso moderado e máximas sen cambios.

Comentarios