Nubes e chuvia, protagonistas en Compostela

Nubes e chuvia, protagonistas en Compostela
Nubes e chuvia, protagonistas en Compostela

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 11 e os 18 graos

O sábado quedaremos na influencia das baixas presións e con circulación do suroeste que traerá humidade dende o mar. Así esperamos unha xornada de ceos moi anubrados con chuvias febles, máis probables en puntos de Pontevedra e sur da Coruña. As temperaturas mínimas seguirán sen cambios pero as máximas terán un lixeiro ascenso. Os ventos soprarán do suroeste con intervalos moderados.

En Compostela agárdase para os vindeiros días unha alternancia de períodos de ceos moi anubrados con outros con nubes e claros. Agárdanse precipitacións tódolos días. As temperaturas serán normais para as mínimas e baixas para as máximas respecto ó habitual nesta época do ano, con mínimas en ascenso moderado e máximas en ascenso lixeiro.



Comentarios
Lo más