Graciano, 40 años de dedicación a La Salle

Graciano, 40 años de dedicación a La Salle
Graciano, 40 años de dedicación a La Salle

El conocido profesor del cenro compostelano se jubila tras una larga trayectoria dedicada a la docencia

José Graciano Pardo ha dedicado toda su vida a la docencia y al Colegio La Salle de Santiago donde ha impartido diferentes asignaturas además de coordinar y dirigir la parte del internado. Una dedicación recordada por muchos de los compostelanos que han pasado por los pasillos del colegio que lo recordarán además de como un profesor serio, muy respetado y del que resultaba fácil aprender, como una persona que imponía su respeto sin perder la cercanía y el amor por la docencia. 

Vigilante en la entrada al colegio por las mañana, profesor de matemáticas, de sociales... Muchas facetas en una vida dedicada a la pasión que es enseñar. Una vocación que en su despedida recuerda uno de sus compañeros del centro, Marco Diéguez, con unas emotivas palabras:


"Era o ano 1982 cando coincidimos por primeira vez nunha clase, o meu profesor de matemáticas e titor en 6º de E. G. B. Tiven a  grandísima sorte de ser alumno teu durante 3 anos e comprobar a túa vocación, a túa dedicación e a túa entrega á tarefa docente. Sempre preocupado porque os teus alumnos entendésemos aquilo que explicabas; buscando sempre momentos, dentro ou fóra do horario escolar, para aclarar aquelas cuestións que non quedaran suficientemente claras. Tamén lembro aqueles partidos de fútbol no patio do colexio cos internos e con todo aquel que se animaba a xogar.

Dez anos despois, no ano 1992, volvemos atoparnos dentro dunha clase, agora como o meu titor de prácticas, mentres cursaba o terceiro ano de maxisterio. Grazas a esa oportunidade, puiden gozar unha marabillosa experiencia na que descubrín a miña vocación docente; vendo a túa forma de ensinar, a túa proximidade e  a túa preocupación polos alumnos. Encantoume esa ilusión e ese estilo tan persoal que poñías no que facías.

A partir do ano 1993, xa como compañeiro teu despois de empezar a traballar no colexio, puiden comprobar que ese talante ía máis aló da túa maneira de ser como educador e que caracterizaba tamén a túa maneira de ser como persoa. Desde ese momento, ata hoxe e por sempre; podo considerarche compañeiro, modelo a seguir e amigo, co que seguir facendo camiño.

Dedicación, esmero, responsabilidade, entrega, discreción, proximidade, paciencia, agarimo, preocupación, ilusión… Todas estas palabras defínenche, pero cantas máis se poderían engadir. Estou seguro que esta non é só a miña opinión, senón a de centos de alumnos, centos de familias, centos de educadores e amigos que compartimos a nosa vida contigo e sentímonos orgullosos de ter esta oportunidade.  En Santiago, dicir La Salle é dicir  Graciano e dicir  Graciano, é dicir La Salle.

Despois de máis de 40 anos de dedicación e entrega a La Salle, xubílasche. Xubílasche dunha tarefa docente que sempre levarás dentro. Nunca te xubilarás como compañeiro e amigo, porque sempre formarás parte de nós, porque como moi ben di a canción, a nosa canción:

ti ensináchesme a voar,

amigo, irmán, mestre,

algo de ti levarán,

sempre terás un lugar no meu corazón de neno,

compañeiro de camiño, ti ensináchesme a voar.








Isto non é unha despedida, non é un punto e final, é un punto e seguido porque quero, queremos, seguir facendo camiño contigo.

Unha sorte! Un agasallo!

Grazas."


Comentarios
Lo más