CIG-Ensino empraza ao Concello a buscar unha solución inmediata para Escola Municipal de Música

CIG-Ensino empraza ao Concello a buscar unha solución inmediata para Escola Municipal de Música
CIG-Ensino empraza ao Concello a buscar unha solución inmediata para Escola Municipal de Música

Dende o sindicato lamenta que a día de hoxe siga sen existir unha resolución final a respecto da estabilidade laboral e o futuro das traballadoras da Escola de Música da capital de Galicia



“Entendemos que a pandemia puido retrasar este e outros procesos e que, por suposto, había temas sociais e sanitarios prioritarios durante os meses de marzo e abril, pero nestes momentos xa non pode haber escusas.  É hora de explicarlles aos traballadores e traballadoras, aos usuarios e usuarias e á cidadanía en xeral a solución que ten pensada o goberno do PSOE para a estabilidade laboral e o futuro da Escola de Música, que move máis de 400 familias”, indicou Rubén F. Monteagudo .

“O conxunto dos traballadores e traballadoras da Escola de Música están cansos de que se menosprece o seu traballo, xa que levan case catro anos reclamando unha solución a este respecto e a 23 de xuño de 2020 continúan sen ter a certeza de que manterán o seu posto de traballo. Ademais, debido a esta situación os profesionais lamentan que nunca teñan a opción a medrar como profesionais no centro, aumentar horarios, fixar alumnado, etc. Despois de realizar un traballo encomiable durante os meses da pandemia, ofrecendo clases e concertos virtuais co alumnado da EMM, esgotaron a súa paciencia e confianza e están, unha vez máis, dispostos a mobilizarse para loitar polos seus postos de traballo. Non se merecen este maltrato porque demostraron a súa profesionalidade en todo momento”, engade.   

Neste sentido e despois de que na Xunta de Goberno local do luns non se aprobase o proxecto de licitación dos pregos nin se fixera ningunha referencia á precaria situación na que se atopa o cadro de persoal da EMM, esixen a convocatoria deste órgano municipal de forma extraordinaria para achegar solucións inmediatas á súa problemática. O conxunto de traballadoras/es non poden agardar un minuto máis,  como tampouco a coñecer cal será finalmente o novo proxecto educativo incluído nestes pregos.

Atraso no cobro dos salarios

Ademais, a esta situación de incerteza, engádeselle que levan un mes de retraso no cobro do salario. Unha circunstancia que a empresa aduce a retrasos no cobro de facturas pola empresa por parte do Concello de Santiago, un feito pouco entendible despois do esforzo feito durante este meses de COVID-19.


 

Comentarios
Lo más