Sanidade informa dun novo brote de 8 casos en Galicia

Sanidade informa dun novo brote de 8 casos en Galicia
Sanidade informa dun novo brote de 8 casos en Galicia

O brote, segundo informa sanidade, ubícase na zona da Mariña

 En concreto, ata o momento, detectáronse 8 casos positivos en coronavirus no concello de Xove. Todos eles pertencen ao círculo familiar no que se rexistrou o primeiro caso. Trátase, pois, dun brote familiar de infección por Covid-19 que se detectou onte pola tarde no concello de Xove. A partir desta confirmación, fíxose un rastrexo e analizáronse todos os contactos da persoa afectada. Ata o momento, mediante as probas realizadas, confírmase a existencia de 8 positivos en Covid-19 (incluido o caso inicial), 4 negativos e 25 máis pendentes de resultado.

Desde o momento no que o Sergas detectou o primeiro positivo do foco identificado, na tarde de onte, activouse o protocolo de seguimento e realizáronse as probas PCR a todos os contactos estreitos deste positivo.

Neste momento, dos oito casos positivos a maioría son asintomáticos, agás dous que presentan sintomatoloxía de carácter leve, máis teñen a obriga de gardar corentena durante 14 días. Do mesmo xeito, as persoas cuxas probas deron resultado negativo permanecerán en seguimento no seu domicilio, asesorados pola Plataforma de Vixilancia Epidemiolóxica e os Servizos de Medicina Preventiva e Saúde Pública do Sergas. Ningún afectado tivo que ser hospitalizado.

A Consellería de Sanidade leva rastrexado ata o momento a unhas 40 persoas relacionadas con este brote familiar e séguense a investigar posibles contactos.

Comentarios
Lo más