Publicadas as listaxes de admitidos/as e de agarda de "Verán no rural"

Publicadas as listaxes de admitidos/as e de agarda de "Verán no rural"
Publicadas as listaxes de admitidos/as e de agarda de "Verán no rural"

A Concellaría de Medio Rural vén de publicar as listaxes definitivas de admitidos/as e de agarda do programa Verán no rural, unha vez realizado o sorteo para aqueles centros socioculturais nos que había máis solicitudes que prazas dispoñibles (15 por cada centro). Este foi o caso de cinco dos seis locais nos que se realizará o programa (A Gracia, Figueiras, Lavacolla, Marrozos e Nemenzo), mentres que noutro, o de Villestro, acordouse aceptar as 16 solicitudes. 

En total presentáronse 131solicitudes para participar no programa de conciliación Verán no rural. Unha vez cotexadas as diferentes quincenas para os seis centros, estase chamando á lista de agarda por rigorosa orde na mesma para ofrecer a participación nas quincenas onde houbera prazas dispoñibles. A este respecto, cómpre lembrar que as familias tiñan a opción de inscribir os rapaces e rapazas nas actividades para todo o mes de xullo ou de escoller unha das dúas quincenas.

A matrícula formalizarase os días 26, 29 e 30 de xuño entregando a documentación necesaria na Casa das Asociacións de Cornes, en horario de 9:00 a 14:00 h, ou no Departamento de Medio Rural (entrada principal da estación de autobuses), en horario de 9:00 a 13:00 h. As familias deben entregar a seguinte documentación:

- Unha foto do neno/a.
- Fotocopia do DNI do neno/a (en caso de telo).
- Fotocopia do libro de familia.
- Fotocopia da tarxeta sanitaria da Seguridade Social ou aseguradora privada.
- Anexo II debidamente cuberto e asinado.
- Informe de vida laboral.

Conciliación nas mañás de xullo
Verán no rural desenvolverase durante o mes de xullo en seis centros socioculturais do rural compostelán. Este programa de conciliación está destinado a nenos e nenas nados entre os anos 2008 e 2015. Entre as 10:00 e as 14:00 horas, os/as participantes desfrutarán de actividades lúdicas, xogos cooperativos, actividades predeportivas, etc. A participación nas actividades é de balde.

Máis información nos teléfonos 981 542 350 e 604 002 657

Comentarios
Lo más