PSOE e PP votan en contra da iniciativa do BNG para cambiar o nome da avenida Juan Carlos I en Santiago de Compostela

PSOE e PP votan en contra da iniciativa do BNG para cambiar o nome da avenida Juan Carlos I en Santiago de Compostela
PSOE e PP votan en contra da iniciativa do BNG para cambiar o nome da avenida Juan Carlos I en Santiago de Compostela

O BNG mantén que a transcendencia das súas actividades non o fan digno de facer parte do rueiro compostelán

O grupo municipal do BNG de Santiago trasladou ao Pleno unha proposta para convocar a Comisión de Condecoracións para restituír o nome da avenida del Rey Juan Carlos I por outra denominación acordada por consenso e coa idea de recuperar a toponimia tradicional dese emprazamento. Coa actitude contraria de PP e PSOE, que votaron en contra desta moción, o BNG considera que "están a lexitimar as actuacións de Juan Carlos de Borbón, pese a que o propio Rei Felipe VI renunciou á súa herdanza ante as presuntas irregularidades da procedencia do seu diñeiro".

Nun comunicado o grupo municipal expón que "o PP e o PSOE composteláns demostran que seguen instalados no pasado, ao defender a monarquía faga o que faga, e non están dispostos ao cambio pese á acumulación de feitos que poderían ter repercusión penal porque Juan Carlos de Borbón xa non está amparado pola inviolabilidade que lle confería o artigo 56.3 da Constitución española como xefe do Estado e os indicios delituosos que se investigan son posteriores ao 19 de xuño de 2014, data da súa abdicación".

Para o BNG non é digno que unha das avenidas centrais de Santiago de Compostela leve o nome dunha persoa  investigada por branqueo de capitais, cobros de comisións e fraude fiscal; ademais doutros feitos derivados do abuso e do privilexio dos cargos que ostenta. 

A avenida del Rey Juan Carlos I é unha prolongación da avenida Rosalía de Castro, pola que transcorría o denominado Camiño Novo. Tivo con anterioridade distintas denominacións como avenida de Martínez Anido, avenida da Liberdade, Camiño Novo, Campo da Feira ou Camiño de Pontevedra, entre outros. De feito, a Asociación Galega de Onomástica facilitou un informe para a recuperación da toponimia tradicional neste emprazamento de se aprobar a posibilidade de cambio de denominación.

Comentarios
Lo más