A veciñanza de Rois xa pode bañarse na piscina de Senra e na praia fluvial de Seira

A veciñanza de Rois xa pode bañarse na piscina de Senra e na praia fluvial de Seira
A veciñanza de Rois xa pode bañarse na piscina de Senra e na praia fluvial de Seira

Delimitadas áreas de seguridade na piscina municipal que terá un aforo máximo de 117 persoas 

O Concello de Rois abre hoxe a piscina municipal de Senra, que contará cun aforo máximo de 117 persoas para garantir as medidas sanitarias e de seguridade imposta pola pandemia da covid-19, e informa de que a Xunta de Galicia xa autoriza o baño na praia fluvial de Seira, que conta con auga de boa calidade, segundo os últimos análises feitos pola Consellería de Sanidade. Os parques infantís e biosaudables están sendo desinfectados periodicamente para ser usados pola cativada e as persoas maiores.

Cun aforo máximo de 117 persoas e zonas delimitadas para os participantes, mañá inaugurase a temporada na piscina municipal de Senra, que estará aberta todos os días da semana de 16.00 a 21.00 horas ata o 31 de xullo. No mes de agosto a instalacións pechará ás 20.30 horas.

Os menores de 12 anos deberán estar sempre acompañados por un adulto na instalación da piscina, na que se vai esixir respectar a distancia interpersoal de seguridade de 1,5 metros. Para elo delimitáronse xa espazos nas zonas para tomar o sol.

Ademais da piscina, a veciñanza de Rois poderá gozar tamén na praia fluvial de Seira, despois de que Consellería de Sanidade autorizase o baño nesta zona despois das últimas analíticas realizadas. A calidade da auga é boa, segundo a Xunta.


Parques infantís e biosaudales

Por outra banda, persoal do Concello está a desinfectar todos os díuas pola mañá os parques infantís e biosaudables que hai no municipio, segundo a normativa establecida para evitar a propagación da covid-19.

Nos últimos días estivéronse desinfectando os parques infantís de San Miguel da Costa, o da escola unitaria dos Dices (Rois), Lamego e A Devesa (Seira), xunto ao local da Asociación de Mulleres Rurais (Urdilde), na escola unitaria de Vilachán (Augasantas) e Sorribas, o de A Gandariña (Ribasar) e o da aldea de Silvarredonda (Buxán).

Os parques biosaudables que están desinfectándose con regularidade son os da Gandariña (Ribasar), a escola unitaria dos Dices (Rois) e o do Pumar (Urdilde).

Comentarios
Lo más