Ames abre o prazo de matrícula nas escolas infantís e nos Campamentos de Verán 2020

Ames abre o prazo de matrícula nas escolas infantís e nos Campamentos de Verán 2020
Ames abre o prazo de matrícula nas escolas infantís e nos Campamentos de Verán 2020

Dende este luns, 29 de xuño, quedan abertos ambos prazos

A Concellaría de Educación informa da apertura o próximo luns, 29 de xuño, do prazo de matrícula para o curso 2020-2021 nas escolas infantís de titularidade municipal. O prazo de matrícula permanecerá aberto ata o 13 de xullo. As listas de nenos/as admitidos/as e mailas listas de agarda poden consultarse no link ao pé desta nova. A documentación entregarase nas dependencias das propias escolas en horario de 9:00 a 14:00 horas. É necesario sacar cita previa para realizar o trámite de matrícula. Para obter cita previa na EIM A Madalena hai que chamar ao número de teléfono 981 53 84 33 ou enviar un correo electrónico a eiamadalena@concellodeames.gal, mentres que para dispor de cita previa na EIM O Bosque hai que chamar ao número de teléfono 682 497 369 ou enviar un correo electrónico a eibertamirans@concellodeames.gal

Reunión informativa
Unha vez formalizada a matrícula, as familias que o desexen poderán acudir a unha reunión na propia escola, co fin de presentarlles ao persoal que vai traballar cos nenos/as matrículados e para resolver dúbidas. 

Por outra banda, o Concello de Ames publica os impresos para realizar as inscricións nos campamentos de verán 2020. As Concellarías de Medio Ambiente e Mocidade ofrecen, a través deste programa, 252 prazas repartidas entre 9 campamentos diferentes que se desenvolverán en diferentes datas entre o 6 de xullo ao 5 de setembro. Os prazos de matrícula varían segundo o campamento de destino elixido.

O servizo de Campamentos de Verán 2020 está dirixido á rapazada que este cursando educación primaria, secundaria ou bacharelato. Trátase dunha oferta lúdica e formativa de desenvolvemento persoal concibida para, de xeito progresivo, dotar a nenas/os e mozas/os das ferramentas precisas para lograr a súa autonomía e independencia fomentando a convivencia, a cooperación, o respecto e un xeito de vida saudable ao tempo que se achegan ao medio rural, ao deporte ou á cultura.

A situación xerada pola Covid-19 fai que os campamentos se deban adaptar ás novas necesidades, polo que se deben de ter en conta medidas de prevención tales como a redución de ratios, aumentar as labores de limpeza e desinfección, determinar os equipos de protección para monitores/as e usuarios/as e redefinir as actividades que se poderán levar a cabo sen risco de contaxios.

Prazos de matrícula

Os prazos de matrícula varían segundo o campamento de destino elixido. Para os campamentos Galipark, Ecoalbergue Alvarella, Cámping Praia O Terrón (6º de primaria) e Cámping Mougás o prazo de matrícula abrangue dende o 29 de xuño ao 2 de xullo.

Por outra banda, se o campamento de destino é a Granxa Escola Corazón de Carballo, Naturmaz ou o Cámping Praia O Terrón (1º e 2º da ESO), o prazo de matrícula é do 3 ao 8 de xullo. Mentres que se o destino elixido é a Granxa Escola El Kiriko, as datas de matrícula son do 13 ao 17 de xullo.

Para facela necesitarase o impreso de inscrición debidamente cumprimentado (link abaixo). A copia da tarxeta sanitaria e o certificado médico (só no caso de padecer enfermidade que deba ser reflectida). A presentación de dita documentación realizarase preferiblemente a través do rexistro telemático na sede electrónica do concello (enlace) ou, excepcionalmente e con cita previa, nos rexistros do concello en horario de 9.00 a 14.00 horas con cita previa (981 883 002).

Máis información

Para solicitar máis información pódese contactar coa Concellería de Medio Ambiente, chamado ao 660 004 665 ou enviando un correo electrónico a auladanatureza@concellodeames.gal, ou contactar coa Concellería de Mocidade, chamando ao teléfono 616 083 229 ou enviando un correo a omix@concellodeames.gal.

Descargas: 


Comentarios
Lo más