Compostela tínguese de multicolor para celebrar o Día do Orgullo LGTBI

Compostela tínguese de multicolor para celebrar o Día do Orgullo LGTBI
Compostela tínguese de multicolor para celebrar o Día do Orgullo LGTBI

Con motivo do Día do Orgullo a cidade luciu a bandeira multicolor nas actividades de Compostela Diversa, coas que a Concellaría de Igualdade conmemorou esta data 

O día comezou ás 11 da mañana no palco da Alameda, cuberto ca bandeira arociris, ca lectura dun manifesto. 

Eblw800XQAU8rQA


Xa pola tarde, o Teatro Principal acolleu un evento a porta pechada a partir das 19:00 horas, que incluiu un debate, a presentación dunha peza audiovisual e varias propostas artísticas. Estas actividades puideron seguirse a través por streaming a través do espazo do Concello de Santiago en YouTube.

O acto foi conducido por Patricia Vázquez, popular actriz de teatro, cine e TV que conta con máis de dúas décadas de experiencia no mundo do teatro profesional, tendo representado con compañías dramáticas como o Centro Dramático Galego, Escola Dramática Galega, Ollomol Tranvía ou Teatro da Lúa. Nos útlimos anos traballou con P.T. Excéntricas, Contraproducións ou Redrum Teatro. Na TVG participou en programas concurso, magazines e, sobre todo, é coñecida como actriz en series de ficción (Air Galicia, Era visto, Padre Casares…).

O acto comezou ca proxección de Compostela Diversa 2020, unha peza audiovisual dun minuto e medio, aproximadamente, que amosou o compromiso de Santiago coa realidade LGTBI.A continuación celebrouse un faladoiro co obxectivo de abrir un espazo de diálogo e encontro, aberto e non excluínte, para abordar a realidade entre todos e todas. O debate foi moderado por Carmen Fernández Morante, decana da Facultade de Ciencias da Educación da USC e recoñecida activista LGTBI.

Rematado o debate, comezou no Teatro Principal unha intervención musical e escénica a cargo de Guillerme Fernández, Guadi Galego, Faia Díaz e Ricardo de Barreiro.

Comentarios
Lo más