O sol da unha tregua breve en Compostela

O sol da unha tregua breve en Compostela
O sol da unha tregua breve en Compostela

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 14 e os 22 graos

As altas presións entrarán durante esta xornada en forma de cuña sobre Galicia, traendo estabilidade e achegando aire cálido desde o sur. Deste xeito amenceremos aínda con nubes baixas e néboas en puntos do interior para irse retirando e deixar a partir do mediodía os ceos pouco anubrados ou despexados en xeral. As temperaturas mínimas non terán cambios significativos, pero as máximas ascenderán entre lixeira e moderadamente, recuperando valores propios da época do ano. Os ventos soprarán frouxos de compoñente norte, con intervalos de moderado no litoral pola tarde.

En Compostela teremos ceos moi anubrados con momentos con nubes e claros ou pouco anubrados ou despexados. Haberá precipitacións  o mércores pola mañá. En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con valores que en xeral se manterán sen cambios a pesar de que oscilarán.  O luns esperase un día de ceos despexados pero con temperaturas suaves. 

Comentarios
Lo más