Os casos activos en Galicia suben en 2 situándose en 312, 24 en Santiago

Os casos activos en Galicia suben en 2 situándose en 312, 24 en Santiago
Os casos activos en Galicia suben en 2 situándose en 312, 24 en Santiago

Un total de 10.615 pacientes xa están curados

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 312, deles 71 son da área da Coruña (-1), 44 da de Lugo (+5), 22 da de Ourense (=), 9 da de Pontevedra (=), 131 da área de Vigo (-1), 24 da de Santiago (-1), e 11 da de Ferrol (=).

Do total de pacientes positivos, 4 están en unidades de hospitalización e 308 no domicilio. Non hai pacientes positivos en UCI. Polo de agora, en Galicia hai un total de 10.615 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 179.717.

O número de casos de coronavirus detectados en centros residenciais de servizos sociais de Galicia supoñen o 0,01% do total das persoas residentes.

Na xornada de onte non se rexistraron falecementos en centros residenciais.


Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.

Comentarios
Lo más