O BNG organiza unha charla sobre sanidade

O BNG organiza unha charla sobre sanidade
O BNG organiza unha charla sobre sanidade

Será este martes ás 20:00 no Centro sociocultural do Ensanche 

O BNG organiza un acto este martes para presentar as propostas de sanidade incluídas no programa electoral para o Goberno da Xunta, ademais de analizar a actual situación derivada da política de recortes nos servizos públicos.

Esta charla, aberta ao público, será este martes ás 20:00 no Centro Sociocultural do Ensanche e contará con profesionais da sanidade como Xosé Dios, Irene Tato, Hadrián Pernas e Iria Carreira.

Ademais de falar sobre a resposta do sistema sanitario galego ante a covid-19, exporán as propostas programáticas do BNG no relativo á Atención Primaria, hospitais comarcais, a necesidade dun plan de actuación para eliminar as listas de espera e dun plan para a ordenación de recursos humanos.

O acto é aberto ao público, mais conta con aforo limitado e medidas de protección fronte ao contaxio do coronavirus, como o uso de máscaras e xel hidroalcohólico.

Comentarios
Lo más