Volve a chuvia este martes pola noite a Compostela

Volve a chuvia este martes pola noite a Compostela
Volve a chuvia este martes pola noite a Compostela

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 13 e os 24 graos

O martes Galicia estará entre as altas presións entrando en forma de cuña ao norte da península ibérica e unha baixa relativa sobre o interior peninsular. Deste xeito, os ceos estarán pouco anubrados ou despexados, agás no litoral da provincia da Coruña onde predominarán as nubes sobre os claros. Pola tarde medrará nubosidade de evolución nas zonas altas de Lugo e Ourense, coa posibilidade dalgún chuvasco de carácter tormentoso. As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso e as máximas experimentarán un lixeiro ascenso. O vento soprará frouxo de compoñente norte, máis intenso nas Rías Baixas.

En Santiago, teremos ceos con nubes e claros con momentos moi anubrados ou pouco anubrados ou despexados. Haberá precipitacións do martes pola noite ó mércores pola mañá e o xoves pola mañá. En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con valores que en xeral descenderán moderadamente.

Comentarios
Lo más