Os casos activos en Galicia suben en 2 situándose en 314, 24 en Santiago

Os casos activos en Galicia suben en 2 situándose en 314, 24 en Santiago
Os casos activos en Galicia suben en 2 situándose en 314, 24 en Santiago

Un total de 10.623 pacientes xa están curados

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 314, 2 máis que onte. Deles 70 son da área da Coruña (-1), 49 da de Lugo (+5), 21 da de Ourense (-1), 10 da de Pontevedra (+1), 129 da área de Vigo (-2), 24 da de Santiago (=), e 11 da de Ferrol (=).

Do total de pacientes positivos, 4 están en unidades de hospitalización e 310 no domicilio. Non hai pacientes positivos en UCI. Polo de agora, en Galicia hai un total de 10.623 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 182.174.

Na xornada de onte non se rexistraron falecementos en centros residenciais.


Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.

Comentarios
Lo más