As piscinas municipais descubertas de Bertamiráns e do Milladoiro e a praia fluvial de Tapia abren hoxe as súas portas

As piscinas municipais descubertas de Bertamiráns e do Milladoiro e a  praia fluvial de Tapia abren hoxe as súas portas
As piscinas municipais descubertas de Bertamiráns e do Milladoiro e a praia fluvial de Tapia abren hoxe as súas portas

Despois de levarse a cabo traballos de acondicionamento e mellora nas instalacións, este mércores 1 de xullo, abren as piscinas municipais descubertas de Bertamiráns e do Milladoiro, así como a praia fluvial de Tapia

O horario de apertura das piscinas do Milladoiro e Bertamiráns será de 11.00 a 21.00 horas, de luns a domingo, mentres que na praia fluvial de Tapia o horario de apertura será de 15.00 a 21.00 horas, de luns a venres, e os sábados e domingos, de 11.00 a 21.00 horas. Durante estes horarios haberá servizo de vixilancia e socorrismo.

A Concellería de Obras e Servizos Básicos conxuntamente coa de Deportes estivo realizando traballos de acondicionamento na área fluvial de Tapia, así como nas piscinas municipais de Bertamiráns e Milladoiro. O obxectivo era que se encontrasen en óptimas condicións de cara a súa apertura, a cal se realizará seguindo as recomendacións ditaminadas polo goberno central. Entre as medidas que se levaron a cabo, encontrase a ventilación de espazos pechados, a limpeza e desinfección do mobiliario  e o tratamento da auga dos vasos.

En canto á área fluvial de Tapia, o persoal da brigada municipal de obras realizaron os traballos de acondicionamento da área fluvial de Tapia na zona de aparcamento, achanzando o terreo e enchendo os buratos con xabre. Asemade, preparouse o peche perimetral da piscina, que rompe polas crecidas do río Tambre ao seu paso por este lugar, cortando a herba, así como sacando terra e lavando a presión o muíño e mailos camiños desta área recreativa.

Mentres que os traballos de acondicionamento das piscinas municipais descubertas de Bertamiráns e Milladoiro, os traballos de acondicionamento consistiron na revisión de todas as partes importantes da sala de máquinas, o acondicionamento dos vasos (limpeza, desinfección, enchido, tratamento de choque...), a limpeza da zona de praia e a limpeza e desinfección dos vestiarios da instalación.

Compre recalcar que debido á situación xerada pola Covid-19 o aforo de ambas piscinas e da zona de esparcimento redúcese ao 75%, tal como recolle a día de hoxe a normativa vixente.

Segue aberto o prazo de solicitude de carnés de usuario/a das piscinas municipais

O prazo para solicitar carnés de usuario/a das piscinas municipais descubertas de Bertamiráns e Milladoiro seguirá aberto ata o próximo 31 de xullo. Este carné será necesario para entrar nas piscinas, xa que este ano, por razóns de control de aforo, non se venderán entradas soltas por día para acceder ás piscinas.

Así, os/as interesados/as poden descargar o impreso de solicitude na web municipal. Este impreso deberá enviarse cuberto aos enderezos de correo electrónico: deportes@concellodeames.gal ou deportes.milladoiro@concellodeames.gal. O prezo dos carnés oscila entre os 5 e os 20 euros dependendo das circunstancias de cada usuario/a.

Comentarios
Lo más