Xullo comeza gris en Compostela

Xullo comeza gris en Compostela
Xullo comeza gris en Compostela

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 14 e os 21 graos

Unha fronte pouco activa afectará a Galicia, sobre todo durante a mañá, deixando ceos moi anubrados, con posibilidade de precipitacións febles no oeste da Comunidade. Xa durante a tarde se irán abrindo claros no ceo, quedando algunha chuvia illada e ocasional. As temperaturas mínimas continuarán sen cambios, mentres que as máximas sufrirán un notable descenso. O vento soprará de compoñente oeste, frouxo en xeral, con intervalos de moderado no litoral norte.

En Santiago, o ceo alternará períodos con nubes e claros con outros ocasionalmente moi anubrados ou pouco anubrados ou despexados. Agárdanse precipitacións o mércores pola mañá e o xoves pola mañá. As temperaturas serán normais para esta época do ano, con mínimas en descenso lixeiro e máximas en descenso moderado.

Comentarios
Lo más