Os casos activos en Galicia suben en 4 situándose en 317, 24 en Santiago

Os casos activos en Galicia suben en 4 situándose en 317, 24 en Santiago
Os casos activos en Galicia suben en 4 situándose en 317, 24 en Santiago

Un total de 10.649 pacientes xa están curados

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 317, deles 73 son da área da Coruña (+3), 64 da de Lugo (+12), 18 da de Ourense (-2), 6 da de Pontevedra (-4), 122 da área de Vigo (-6), 24 da de Santiago (+1), e 10 da de Ferrol (=).

Do total de pacientes positivos, 4 están en unidades de hospitalización e 313 no domicilio. Non hai pacientes positivos en UCI. Polo de agora, en Galicia hai un total de 10.649 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 188.328.

Na xornada de onte non se rexistraron falecementos en centros residenciais.


Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.

Comentarios