Sanidade detecta outros 12 positivos no brote de A Mariña

Sanidade detecta outros 12 positivos no brote de A Mariña
Sanidade detecta outros 12 positivos no brote de A Mariña

As probas realizadas ata esta mañá confirman outros doce casos máis relacionados co brote de A Mariña 

A Consellería de Sanidade informa que, nestes momentos, segundo as probas realizadas ata esta mañá, confírmanse outros doce casos positivos de persoas afectadas por covid-19 no brote de A Mariña, o que eleva a 47 o número total de casos detectados pola Plataforma de Vixilancia e Control Epidemiolóxica e polos Servizos de Medicina Preventiva e Saúde Pública do Sergas.

O primeiro caso de infección por covid-19 detectouse na tarde do martes 23 de xuño, no concello de Xove. A partir desta confirmación inicial, fíxose un rastrexo e analizáronse todos os contactos das persoas que se foron vendo afectadas. Ata o momento, mediante as probas realizadas (unhas 900 PCR ) confírmase a existencia de 47 positivos en covid-19 relacionados con este brote.

Desde a detección do primeiro positivo, activouse de forma inmediata o protocolo de seguimento e realizáronse as probas PCR a todos os contactos estreitos das persoas que deron positivo, actuacións que se seguen a desenvolver nestes momentos, pois tanto a Consellería de Sanidade como o Servizo Galego de Saúde seguen a investigar e a rastrexar todos os contactos dos novos positivos, así como a adoptar todas as medidas necesarias para o eficaz control do brote. Ata o momento lévanse realizadas ao redor de 900 PCR.

Dos 47 casos positivos, a maioría son asintomáticos ou presentan síntomas de carácter leve, e teñen a obriga de gardar corentena durante 14 días. Dúas persoas con resultado positivo están ingresadas no Hospital Público da Mariña e a súa evolución é favorable.  Do mesmo xeito, as persoas cuxas probas deron resultado negativo, algo máis de 500, permanecen en seguimento no seu domicilio, asesorados pola Plataforma de Vixilancia Epidemiolóxica e os Servizos de Medicina Preventiva e Saúde Pública do Sergas. 

Comentarios