Volve a lucir o sol en Compostela

Volve a lucir o sol en Compostela
Volve a lucir o sol en Compostela

As temperaturas en Santiago ocilarán entre os 12 e os 23 graos

Durante o venres Galicia irá quedando progresivamente baixo influencia anticiclónica. Con esta situación, agárdanse ceos pouco anubrados en xeral, con algunhas nubes pola mañá no extremo norte. As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso, mentres que as máximas experimentarán un ascenso entre lixeiro e moderado, agás no litoral norte da Coruña e de Lugo, onde quedarán sen cambios. Os ventos soprarán de compoñente norte, frouxos en xeral, con intervalos de moderado no litoral atlántico.

En Santiago agárdase para os vindeiros días unha alternancia de períodos de ceos con nubes e claros con outros pouco anubrados ou despexados.  As temperaturas serán normais para esta época do ano, con mínimas en ascenso moderado e máximas en ascenso notable.



Comentarios
Lo más