Os casos activos en Galicia suben en 1 situándose en 318, 24 en Santiago

Os casos activos en Galicia suben en 1 situándose en 318, 24 en Santiago
Os casos activos en Galicia suben en 1 situándose en 318, 24 en Santiago

Un total de 10.665 pacientes xa están curados

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 318, deles 63 son da área da Coruña (-10), 77 da de Lugo (+13), 17 da de Ourense (-1), 5 da de Pontevedra (-1), 122 da área de Vigo (=), 24 da de Santiago (=), e 10 da de Ferrol (=).

Do total de pacientes positivos, 4 están en unidades de hospitalización e 314 no domicilio. Non hai pacientes positivos en UCI. Polo de agora, en Galicia hai un total de 10.665 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 191.945.

Na xornada de onte non se rexistraron falecementos en centros residenciais.

Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.

Comentarios