A prevención fronte ao coronavirus centra os primeiros días de xullo do Lousame Concilia

A prevención fronte ao coronavirus centra os primeiros días de xullo do Lousame Concilia
A prevención fronte ao coronavirus centra os primeiros días de xullo do Lousame Concilia

O Concello de Lousame vén de iniciar as actividades do seu programa de verán para a conciliación da vida familiar e laboral, integrado no programa Lousame Concilia. Nestas primeiras xornadas de xuño, as actividades centráronse nas ensinanzas preventivas fronte ao coronavirus.

Os vinte nenos e nenas, de entre 3 e 12 anos de idade, que participan no Lousame Concilia Verán recibiron unha charla sobre as normas de convivencia, seguridade e hixiene para previr contaxios ante a Covid-19. Así mesmo, cada neno e nena encargouse de marcar e decorar cadanseu espazo persoal. A maiores, nestes tres primeiros días tamén tiveron sesións de cinema, clases de zumba e tempo de xogo libre.

O Lousame Concilia Verán desenvólvese de luns a venres nas instalacións do CPI Cernadas de Castro, entre as 09.30 e as 14.30 horas. Este servicio está organizado pola Concellería de Igualdade do Concello de Lousame e conta coa colaboración da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e do Fondo Social Europeo.

Comentarios