A semana comeza sen cambio no tempo

A semana comeza sen cambio no tempo
A semana comeza sen cambio no tempo

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 14 e os 25 graos

O luns Galicia estará baixo infuencia anticiclónica, pero cunha circulación moi marcada do nordés. Deste xeito, os ceos estarán parcialmente cubertos no terzo norte con algunhas precipitacións febles e ceos pouco anubrados ou despexados no resto. Pola tarde medrarán nubes de evolución no interior da Comunidade que mesmo deixarán algún chuvasco treboento. As temperaturas mínimas seguirán sen cambios mentres que as máximas sufrirán un lixeiro descenso, notable en puntos do norte. O vento soprará do nordés, forte no litoral norte e moderado no resto.

En Compostela agárdase a curto prazo unha alternancia de ceos con nubes e claros con momentos pouco anubrados ou despexados. En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con mínimas que descenderán lixeiramente aínda que oscilarán e máximas que ascenderán moderadamente, a pesar de que oscilarán.

Comentarios