Os casos activos en Galicia baixan en 4 situándose en 254, 13 en Santiago

Os casos activos en Galicia baixan en 4 situándose en 254, 13 en Santiago
Os casos activos en Galicia baixan en 4 situándose en 254, 13 en Santiago

Un total de 10.808 pacientes xa están curados

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 254, deles 30 son da área da Coruña (-10), 143 da de Lugo (+26), 3 da de Ourense (-2), 2 da de Pontevedra (=), 61 da área de Vigo (-16), 13 da de Santiago (=), e 2 da de Ferrol (-2).

Do total de pacientes positivos, 6 están en unidades de hospitalización e 248 no domicilio. Non hai pacientes positivos en UCI. Polo de agora, en Galicia hai un total de 10.808 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 199.680.

Na xornada de onte non se rexistraron falecementos en centros residenciais.

Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.

Comentarios