Ames abre o prazo de inscrición nos cursos de natación do mes de agosto

Ames abre o prazo de inscrición nos cursos de natación do mes de agosto
Ames abre o prazo de inscrición nos cursos de natación do mes de agosto

Neste mes de xullo, de luns a venres, estanse a celebrar os cursos de natación tanto no Milladoiro como en Bertamiráns. En total, están participando 50 rapazas e rapaces, 10 deles en Bertamiráns e 40 no Milladoiro. Agora, ábrese ata o 17 de xullo o prazo de inscrición nos cursos de natación de agosto, cuxo impreso de participación se encontra na web municipal. 

Os cursos de natación que se están impartindo nestes días nas piscinas descubertas de Bertamiráns e Milladoiro, e que se seguirán impartido durante o vindeiro mes de agosto, están organizados pola Concellaría de Deportes en colaboración coa Deputación da Coruña.

Tanto os cursos de xullo como os do mes de agosto están organizados en función da idade das e dos participantes, polo que ambos manterán os mesmos horarios. Ás 11:15h comezarán os rapaces e as rapazas que superen os 10 anos de idade, mentres que ás 12:00h será a quenda dos/as nenos/as de 8 e 9 anos. A continuación, ás 12:45h, entrará na piscina a rapazada de 6 e 7 anos, aos que seguirán os cativos e cativas de entre 3 e 5 anos a partir das 13.30 horas, que serán os últimos en mergullarse na auga.

Inscrición para o mes de agosto

As inscricións hai que tramitalas de xeito telemático enviando un correo electrónico a deportes@concellodeames.gal (para os cursos impartidos en Bertamiráns) e deportes.milladoiro@concellodeames.gal (para os cursos impartidos no Milladoiro). Haberá que enviar o impreso de solicitude cuberto, unha fotocopia da tarxeta sanitaria e o modelo de autoliquidación pagado.

A folla de autoliquidación pode solicitarse nas oficinas de recadación (en Bertamiráns, na praza da Horta de Abaixo, número 6; ou no Milladoiro, na rúa Viorneira, número 6) ou no correo electrónico ames@canaltributos.com. Para máis información pódese chamar ao número de teléfono 981 88 48 96. Os/as usuarios/as tamén poderán tramitar directamente a súa autoliquidación na Oficina Virtual Tributaria.

Prezos dos cursos

No tocante ao prezo, cada familia deberá abonar 20 euros, reducíndose a 10 para segundos membros e a 5 para terceiros e restantes.

Debido a actual situación, derivada da crise sanitaria ocasionada pola Covid-19, o Concello solicita que as/os interesados/as descarguen o modelo de solicitude desde a páxina web, así como solicitar a folla de autoliquidación por correo para despois facer o correspondente pago.

Para máis información poden enviar un correo electrónico aos enderezos deportes@concellodeames.gal / deportes.milladoiro@concellodeames.gal ou chamar aos números de teléfono 981 535 940 ou 619 842 504.

Comentarios