Máis de 30 graos este martes en Compostela

Máis de 30 graos este martes en Compostela
Máis de 30 graos este martes en Compostela

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 16 e os 32 graos

Durante o martes continuará a influencia anticiclónica sobre Galicia. Con esta situación,agárdanse ceos pouco anubrados ou despexados, con algunha nube no extremo norte. As temperaturas mínimas non terán cambios, mentres que as máximas experimentarán entre un lixeiro e moderado ascenso. Os ventos soprarán do nordés, fortes no litoral norte, moderados no terzo norte e frouxos no resto.

En Santiago, prevense ceos pouco anubrados ou despexados nas próximas datas. En canto ás temperaturas, serán normais para as mínimas e altas para as máximas respeto ó agardado para este período, con mínimas que se manterán sen cambios e máximas que ascenderán moderadamente, a pesar de que oscilarán.

Comentarios
Lo más