Suben a 256 los casos activos en toda Galicia, aumentan en 8 el área de Lugo

Suben a 256 los casos activos en toda Galicia, aumentan en 8 el área de Lugo
Suben a 256 los casos activos en toda Galicia, aumentan en 8 el área de Lugo

Un total de 10.817 pacientes xa están curados

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 256, deles 24 son da área da Coruña (-6), 151 da de Lugo (+8), 3 da de Ourense (=), 3 da de Pontevedra (+1), 60 da área de Vigo (-1), 13 da de Santiago (=), e 2 da de Ferrol (=).

Do total de pacientes positivos, 7 están en unidades de hospitalización e 249 no domicilio. Non hai pacientes positivos en UCI. Polo de agora, en Galicia hai un total de 10.817 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 201.666.

Na xornada de onte non se rexistraron falecementos en centros residenciais.


Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.

Comentarios
Lo más