Continúa o bo tempo en Compostela

Continúa o bo tempo en Compostela
Continúa o bo tempo en Compostela

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 15 e os 25 graos

O xoves Galicia continuará con influencia anticiclónica e con presenza de aire frío en capas altas da atmosfera. Polo tanto, os ceos estarán despexados en xeral, con algunha nube ao norte, e con nubes de evolución e chuvascos localmente treboentos pola tarde no interior. As temperaturas non terán cambios significativos, con lixeiros descensos das máximas. O vento soprará de compoñente norte frouxo con intervalos moderados.

En Santiago agárdase a curto prazo unha alternancia de ceos con nubes e claros con momentos pouco anubrados ou despexados. En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con mínimas que descenderán lixeiramente e máximas que se manterán sen cambios, a pesar de que oscilarán.

Comentarios