O Concello alerta os peóns sobre os despistes ao móbil

O  Concello alerta os peóns sobre os despistes ao móbil
O Concello alerta os peóns sobre os despistes ao móbil

Hai sinalizacións nos pasos de cebra

A Concellaría de Mobilidade e Seguridade Cidadá quere concienciar aos peóns sobre as consecuencias que poden ter os despistes por ir falando polo móbil cando se cruza unha rúa. Por iso, está colocando mensaxes de advertencia nalgúns pasos de peóns chamando a unha conduta responsable.

Os despistes ao teléfono móbil dos e das viandantes cando cruzan unha rúa son unha causa frecuente en atropelos. Por iso, e con mensaxes como "Atende ao que tes que atender" ou "Responde despois de cruzar", o Concello quere concienciar á cidadanía sobre a necesidade de ser responsables á hora de cruzar unha rúa. 
Comentarios
Lo más