Continúa o sol, pero baixan as temperaturas en Compostela

Continúa o sol, pero baixan as temperaturas en Compostela
Continúa o sol, pero baixan as temperaturas en Compostela

As temperaturas oscilarán en Santiago entre os 15 e os 23 graos

O venres agárdase a chegada dos restos dunha fronte que rozará o norte da Comunidade. Así, os ceos estarán pouco nubrados ou despexados no sur, con nubes de evolución e chuvascos pola tarde no interior. No norte, ceos máis nubrados con posibilidade dalgún orballo ocasional. As temperaturas sufrirán un lixeiro descenso. Os ventos soprarán do nordés frouxos con intervalos moderados no interior, e con intervalos fortes entre Estaca de Bares e Fisterra.

En Santiago agárdase para os vindeiros días unha alternancia de períodos de ceos con nubes e claros con outros pouco anubrados ou despexados. As temperaturas serán normais para esta época do ano, con mínimas en ascenso lixeiro e máximas en ascenso moderado, a pesar de que oscilarán.

Comentarios