Os casos activos en Galicia suben en 3 ata os 259, 6 máis na área de Lugo

Os casos activos en Galicia suben en 3 ata os 259, 6 máis na área de Lugo
Os casos activos en Galicia suben en 3 ata os 259, 6 máis na área de Lugo

Un total de 10.898 pacientes xa están curados

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 259, deles 25 son da área da Coruña (+3), 196 da de Lugo (+6), 2 da de Ourense (+1), 4 da de Pontevedra (+1), 16 da área de Vigo (-8), 14 da de Santiago (=), e 2 da de Ferrol(=).

Do total de pacientes positivos, 1 permanece en UCI, 7 están en unidades de hospitalización e 251 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 10.898 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 210.649.

Comentarios
Lo más