Sábado caluroso en Compostela

Sábado caluroso en Compostela
Sábado caluroso en Compostela

As temperaturas oscilarán en Santiago entre os 14 e os 27 graos

O sábado Galicia continuará baixo o dominio das altas presións situadas ao sur de Irlanda. Polo tanto, os ceos estarán despexados en xeral, con presenza de nubes baixas no terzo norte e nubes de evolución na segunda metade do día sen descartar algún chuvasco de tipo treboento no interior. As temperaturas mínimas non terán cambios significativos e as máximas ascenderán lixeiramente. O vento soprará do nordés, forte no litoral norte.

En Compostela agárdase para os vindeiros días unha alternancia de períodos de ceos con nubes e claros con outros pouco anubrados ou despexados. As temperaturas serán normais para esta época do ano, con mínimas sen cambios e máximas en ascenso moderado, a pesar de que oscilarán.

Comentarios
Lo más