Os casos activos en Galicia baixan en 6 ata os 253, 4 menos na área de Lugo

Os casos activos en Galicia baixan en 6 ata os 253, 4 menos na área de Lugo
Os casos activos en Galicia baixan en 6 ata os 253, 4 menos na área de Lugo

Un total de 10.940 pacientes xa están curados

 A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 253, deles 19 son da área da Coruña (-3), 199 da de Lugo (-4), 4 da de Ourense (-1), 5 da de Pontevedra (+1), 11 da área de Vigo (+1), 14 da de Santiago (=), e 1 da de Ferrol (=).

Do total de pacientes positivos, 1 permanece en UCI, 4 están en unidades de hospitalización e 248 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 10.940 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 216.499.

Comentarios