A semana empeza con calor en Compostela

A semana empeza con calor en Compostela
A semana empeza con calor en Compostela

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 18 e os 28 graos

Galicia continuará baixo o dominio das altas presións situadas ao leste de Azores. Deste xeito, os ceos estarán despexados en xeral, con nubes de estancamento durante a mañá no norte de Lugo e A Coruña e nubes de evolución pola tarde no sueste da provincia de Ourense sen descartar algún chuvasco de tipo treboento. As temperaturas mínimas non terán cambios, mentres que as máximas descenderán lixeiramente. O vento soprará moderado do nordés, con intervalos fortes na Costa da Morte.

En Santiago, agárdase para os vindeiros días unha alternancia de períodos de ceos con nubes e claros con outros pouco anubrados ou despexados. As temperaturas serán normais para esta época do ano, con valores que globalmente se atoparán en descenso moderado aínda que oscilarán.

Comentarios