Os casos activos en Galicia baixan en 7 ata os 238, 15 na área de Santiago

Os casos activos en Galicia baixan en 7 ata os 238, 15 na área de Santiago
Os casos activos en Galicia baixan en 7 ata os 238, 15 na área de Santiago

Un total de 10.979 pacientes xa están curados

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 238 deles 26 son da área da Coruña (+3), 171 da de Lugo (-12), 4 da de Ourense (=), 7 da de Pontevedra (=), 14 da área de Vigo (+2), 15 da de Santiago (=), e 1 da de Ferrol (=).

Do total de pacientes positivos, 1 permanece en UCI, 6 están en unidades de hospitalización e 231 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 10.979 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 223.514.

Comentarios