A pleno sol en Compostela

A pleno sol en Compostela
A pleno sol en Compostela

As temperatruas en Santiago oscilarán entre os 14  e os 28 graos

Durante o xoves Galicia continuará baixo influencia anticiclónica e circulación do nordés. Con esta situación, agárdanse ceos pouco anubrados ou despexados, con algunhas nubes no extremo norte. As temperaturas mínimas continuarán sen cambios, mentres que as máximas experimentarán un lixeiro ascenso. Os ventos soprarán do nordés, moderados en xeral, fortes no litoral coruñés.

En Santiago, ceos pouco anubrados ou despexados en xeral durante os vindeiros días, aínda que ocasionalmente tornarán con nubes e claros. As temperaturas serán normais para esta época do ano, con mínimas sen cambios e máximas en ascenso moderado.





Comentarios