Rescatan dúas persoas despois dunha avaría na súa embarcación fronte á costa de Muxía
16:00 18/07/20
16:00 18/07/20
O suceso púxose en coñecemento do Servizo de Salvamento Marítimo e Gardacostas de Galicia. Tamén se alertou á Garda Civil, á Policía Local e aos voluntarios de Protección Civil.
Dúas persoas que ían nun veleiro tiveron que ser rescatadas tras sufrir unha avaría na embarcación cando estaban fronte á costa de Muxía.
O aviso foi recibido no 112 ás 11,45 horas deste sábado. Un dos tripulantes fixo unha chamada para indicar que o veleiro tiña unha avaría no motor e que se atopaban a unha milla entre a bocana e a Virxe dá Barca, preto do porto de Muxía, onde unha embarcación de Protección Civil remolcounos. Ningunha das dúas persoas necesitou asistencia médica.O suceso púxose en coñecemento do Servizo de Salvamento Marítimo e Gardacostas de Galicia. Tamén se alertou á Garda Civil, á Policía Local e aos voluntarios de Protección Civil.