Sufrida victoria para coller 'O Barco' á final
Sufrida victoria do Compos que se adiantou pronto e acabou sufrindo
O camiño a Segunda B da esedé comenzaba en Balaídos na semifinal que medía ós de Yago Iglesias co cuarto clasificado, o CD Barco. Precisamente era o conxunto de Valdeorras o que poñía o balón en movemento e que gozou da primeira opción cun lanzamento de falta que puxo David dereito as mans de Pato. Saíros os visitantes a presionar moi arriba a saída de balón dos compostelán tratando de anular o que foi o mellor equipo durante a tempada.
Por banda encontraban os ocos os branquiazuis que tiveron varios acercamentos de perigo para poñer o primeiro. Combinación entre Primo e Jimmy, na que o dianteiro quedou no man a man con Oviedo, pero o porteiro sacouna. Pouco despois de novo Primo teríaa pero quedou invalidada por un fora de xogo moi axustado.
A balón parado de novo o intentaría o Barco, pero sacou ben a defensa da esedé que montaría a contra. A posesión era dos branquiazuis que buscaban o primeiro que non tardou en chegar. Gañou o balón na banda dereita Miki, serviuna ao pico da área para Bicho e este marcouse un cambio de orientación perfecto para que Jimmy, de primeiras, empalase se volea ao fondo das mallas.
Seguía a misma dinámica o partido tendo de novo o Compos unha chegada. Un novo aviso ao que seguiu o segundo gol en xogada de estratexia. Xogada ensaiada desde a esquina, sacou Samu, peinou Soto no primeiro pau e Primo, sen marca, so tivo que empurrala.
A pesar de que o Barco quixo gañar protagonismo en ataque nunha remontada na que necesitaba 3 goles, recordemos que con empate pasaba o Compos, o conxunto compostelán estaba cómodo e non pasaba apuros. Repregaba ben e cando tiña o balón seguía buscando a portería para pechar o encontro. Tiñan o partido controlado os branquiazuis que tocaban con tranquilidade buscando espacios.
Cando parecía que co 2-0 se chegaría o descanso, o balón parado, de novo, deu vida ao Barco. Golazo de David Álvarez de córner olímpico. O mediapunta colocouna no segundo pau con mestría. Con eses marcador chegaríase ao descanso.
Xa na segunda metade , saliu con ganas o Compos que tivo dúas chegadas con relativa facilidade. Na segunda tivo que salir Oviedo e evitar o tando.Gañoulle Miki a espalda ao seu par, tralo toque de cabeza de Bicho, pero non puido cargar o disparo coa zurda e o porteiro sacoulla no rebumbio da área. Tras ese arreón inicial, tomou o control o Barco que tiña o esférico ante un Compos replegado pero non incómodo.
Un grave error de Oviedo que saliu da área e quixo regatear ante os xogadores branquiazuis, acabou cunha falta perigosa que el mismo parou evitando o terceiro. Estaba o partido con ritmo e aberto. No 61', disparo duro de Bicho, tras gañar Brais Abelenda o salto cos centrais, pero saíulle centrado e chapou Oviedo. Un Oviedo que pouco despois volveu a salvar aos seus. Saque de esquina de Samu para Baleato, quen conectou un cabezazo inapelable abaixo e a esquina do pau, pero o porteiro voou para evitar o tanto branquiazul.
Dominaban os visitantes pero non acababan de finalizar e o crono corría a favor do Compos. De novo unha saída do meta Oviedo deixou a portería baleira e opción para o Compos que desbaratou a defensa. Apretaban os de Valdeorras buscando a remontada no tramo final do partido pero mostrábase a esedé sólida atrás e aguantaba as embestidas do rival que o tiña encerrado atrás.
Reaccionou ol Compos que tivo varias opcións xa no descenso de poñer o terceiro. e chegou. No último suspiro sentenciou Gabri Palmás para acabar co sufrimento e meterse na final.