O Compos xa é equipo de bronce

O Compos xa é equipo de bronce
O Compos xa é equipo de bronce

De penalti e cun empate pero o ascenso chegou por fin ao Compostela

SD Compostela 1 1 Ourense CF
 

Partido en maiúsculas para o Compos en Balaídos. 90 minutos finais da súa peregrinación cara un soño, un ascenso a Segunda B que pasaba por conseguir a lo menos un empate ante o Ourense. Ambos conxuntos saíron a presionar arriba o seu rival para dificultar a saída de balón. A primera aproximación sería para os visitantes cunha internada na área de Murilo que puxo o centro e atrapou Pato.

Un partido de moita igualdade, como quedou reflexado entre estos dous equipos ao longo da tempada, cun Compos que tiña máis o balón mentres o Ourense esperaba máis replegado buscando unha opción que atoparía no 13' precisamente como lle gusta, á contra. Golazo de Adri Castro. Centro dende a esquerda de Murilo e o dianteiro define á perfección coa cabeza.

Na réplica buscou o Compos o empate a balón parado nun córner botado por Samu que rematou de cabeza só Pablo Antas, pero o balón foi centrado e ás mans de Parra. Pouco despois, evitou cun paradón Pato  o segundo. Disparo de Adri Castro dende o pico da área que mandou o porteiro branquiazul a córner. Costáballe ao Compos romper a poboada defensa ourensá. A presión dos visitantes era absoluta complicando ao Compos sair xogando o balón dende atrás. 

De novo a balón parado, en un lanzamento de falta, teríana os composteláns nun partido que se ía caldeando por momentos. De novo en lanzamento de falta buscou  o empate o Compos. Púxoa Samu  e foise rozando a escadra xusto antes da pausa por hidratación.  Seguía tendo o balón a esedé pero non encontraba o gol ante un Ourense ben posicionado e con un Murilo que estaba en todas partes.

A piques estivo de chegar o empate no 40'. Balón morto na área, disparo de Hugo Sanmartín, pero o balón petou nas pernas de Portela. Poco despois de novo a terían os branquiazuis. Bicho atopou a Miki ao espazo, o lóstrego de Nigrán entrou na área e buscou o pase da morte para Primo, pero Parra lanzouse e salvouna coa man. Desproveitou o  conxunto compostelán unha opción a balón parado ao filo do descanso. Achuchaban os locais nos últimos compases do primeiro tempo, pero non se moveu o marcador ao descanso. 

Nos primeiros compases do segundo tempo mantivo o Ourense a presión alta. A primeira chegada do Compos, ao que xa non lle pillaba de sopresa o plantexamento do rival, non tardou en chegar cunha chegada por banda do recén ingresado Brais Abelenda que a deixou a Bicho que non puido rematar ben e marchouse desviado. Chegaba con máis facilidade o Compos que o volveu a facer pouco despois. 

Estaba mellor el Compos que chegaba con insistencia á área dun Parra que evitou o empate. Doble ocasión para a esedé. Primeiro, Samu atopou un paradón tremendo de Parra ao seu disparo duro desde dentro da área. E dende a esquina, Pablo Antas non foi quen de imprimirlle forza ao balón morto que lle caeu. Na réplica, salvou Pato. Levouna Cassio no choque cos centrais, pero o porteiro fíxose grande para desbaratar o seu intento de disparo

Conseguiu o Compos ver porta nunha xogada que estaba anulada por un fora de xogo dubidoso. Pouco despois, no 66', derribou  Cassio por detrás a Brais Abelenda na área cando ía a rematar e non dubidou o colexiado.  Desde os 11 metros non fallou Antas que enganou a Parra e puxo o empate no marcador.

Co empate o ascenso era para o Compos. Conscientes dilo o Ourense foi máis ao ataque deixando así algún paracio para que á contra a esedé buscase o segundo nun tramo de partido decisivo. No 86' a punto estivo de chegar o segundo dos composteláns. Sacou a falta Samu, peinou un defensa e o central, so no segundo pau, non foi quen de enganchar a pelota.

Unha tangana ao final do tempo reglamentario deixou aos dous equipos con dez tras ver Soto e Murilo cartón vermello.  Nove minutos engadiu o colexiado. Un desconto que comezou cunha ocasión para o Compos. Controlou so no punto de penalti Pablo Antas, armou o disparo pero Parra sacouna cos pes nunha parada clave. O partido vivía un desconto loco con moito corazón e nada de cabeza en ambos equipos. Así veu Renan a segunda amarilla y deixou ao Ourense con nove.

Non se moveu o marcador e tras varios intentos fallidos nos últimos anos este si que foi o ano no que o Compos será de bronce a próxima tempada. 

Ficha técnica
Compos: P Pato, Saro, Jimmy, Álvaro Casas, Soto, Samu, Miki, Pablo Antas, Hugo Sanmartín (Brais Abelenda, min 46), Bicho (Baleato, min 78) e Primo
Ourense:  Christian Parra; Germán (Sergio de Paz, min 68), Sergio Barcia, Portela, Manu Mariña, Murilo; Cassio (Juanma, min 72), Renan Zanelli, Pibe; Martín Lamelas e Adri Castro
Goles: 0-1, min 13: Adri Castro 1-1, min 67: Pablo Antas (penalti)
Árbitro:

Alexandre López Vila (A Coruña). Amonestó a Barcia (min 23), Bicho (min 25), Germán (min 29), Cassio (min 36),  Renan (min 45 y min 96), Pato (min 85), Soto (min 90 roja), Murilo (min 90 roja), Saro (min 90)

Incidencias: Partido correspondiente á final do Playoff de ascenso a Segunda División B disputado no Abanca Balaídos, Vigo.
 
Comentarios