Os casos activos siguen subindo en Galicia ata os 249, 7 máis que onte

Os casos activos siguen subindo en Galicia ata os 249, 7 máis que onte
Os casos activos siguen subindo en Galicia ata os 249, 7 máis que onte

Un total de 11.251 pacientes xa están curados

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 249, deles 71 son da área da Coruña (+8), 80 da de Lugo (-5), 6 da de Ourense (-1), 20 da de Pontevedra (=), 50 da área de Vigo (+3), 21 da de Santiago (+1), e 1 da de Ferrol (+1).

Do total de pacientes positivos, 1 está en UCI, 8 en unidades de hospitalización e 240 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 11.251 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 246.840.

Comentarios