Dezaseis alumnos/as formaranse no obradoiro de emprego "Santiago sustentable II"

Dezaseis alumnos/as formaranse no obradoiro de emprego "Santiago sustentable II"
Dezaseis alumnos/as formaranse no obradoiro de emprego "Santiago sustentable II"

A Xunta de Goberno aprobou as bases para a selección dos/das participantes no obradoiro de emprego "Santiago sustentable II"

O Concello acordou a aceptación da subvención de 369.492 euros outorgada pola Concellaría de Economía, Emprego e Industria para a realización deste obradoiro de emprego "Santiago sustentable II". A achega municipal será de 27.470,04 euros.

Este taller terá unha duración de 12 meses e permitirá formar a 16 alumnos/as traballadores/as, que serán contratados baixo a modalidade de contrato para formación e aprendizaxe. O obradoiro está dirixido a persoas de 18 anos ou máis desempregadas, do concello de Santiago. As especialidades que se impartirán son "Desenvolvemento de aplicacións con tecnoloxías web e desenvolvemento de produtos audiovisuais multimedia interactivos"

Comentarios