Frades prohibe temporalmente o uso de auga da traída municipal para rega e enchido de piscinas

Frades prohibe temporalmente o uso de auga da traída municipal para rega e enchido de piscinas
Frades prohibe temporalmente o uso de auga da traída municipal para rega e enchido de piscinas

O Concello de Frades vén de prohibir a utilización da auga procedente da traída municipal para o enchido de piscina ou a rega de cultivos e xardíns, actuacións para os que a veciñanza pode seguir empregando mananciais ou pozos propios, no seu caso.

Unha decisión amparada polo artigo 14 J do Regulamento municipal de abastecemento de auga e saneamento do Concello de Frades e que busca garantir o mantemento do subministro para uso domiciliario e das explotacións gandeiras.

O Concello de Frades decidiu adoptar esta medida debido aos problemas puntuais co subministro de auga en determinadas zonas do municipio debido a que o mes de xullo está a ser especialmente seco e a unha avaría, xa solucionada, nunha das bombas de captación do río Tambre.

Comentarios