Gonzalo Muíños comparecerá no vindeiro Pleno para explicar as medidas tomadas para garantir a seguridade nos “Fogos do Apóstolo”

Gonzalo Muíños comparecerá no vindeiro Pleno para explicar as medidas tomadas para garantir a seguridade nos “Fogos do Apóstolo”
Gonzalo Muíños comparecerá no vindeiro Pleno para explicar as medidas tomadas para garantir a seguridade nos “Fogos do Apóstolo”

O Grupo Municipal Popular considera imprescindible que o Goberno local informe tamén sobre a avaliación que se fixo dos riscos nesa xornada, así como das responsabilidades a asumir se é o caso

O Grupo Municipal Popular ven de arrancar, na Xunta de Portavoces o compromiso do Goberno de Sánchez Bugallo de que o concelleiro de Mobilidade, Seguridade Cidadá e Festas, Gonzalo Muiños, comparecerá no Pleno do mes de setembro para informar sobre a avaliación dos riscos e das medidas adoptadas o pasado venres, 24 de xullo, desde o Concello para garantir a seguridade no lanzamento dos “Fogos do Apóstolo” do ano 2020, así como das responsabilidades a asumir se é o caso.

Esta comparecencia, que solicitou o voceiro do Grupo Municipal Popuular, Alejandro Sánchez-Brunete, faise necesaria como consecuencia da falta de explicacións por parte do Goberno local, posto que o lanzamento de pirotecnia se produciu na noite do pasado día 24 de xullo e, nin no transcurso desa xornada, nin nos días anteriores nin posteriores, o Goberno municipal compareceu publicamente por propia iniciativa para explicar a avaliación dos riscos e as actuacións desenvolvidas para asegurar as condicións de seguridade nun contexto de risco tan elevado, apuntan os Populares nun comunicado. 

O Grupo Municipal Popular considera que o incendio e a suituación de risco producida como consecuencia do lanzamento dos fogos no Parque Eugenio Granell veu a poñer en cuestión tanto o proceder do Concello á hora de avaliar os riscos como os pasos dados para garantir a maior seguridade.

Comentarios